Saltar ao contido

También la lluvia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

También la lluvia
Ficha técnica
Título orixinalTambién la lluvia
DirectorIcíar Bollaín
ProdutorJuan Gordon
Pilar Benito
Eric Altmayer
Monica Lozano Serrano
Emma Lustres
GuiónPaul Laverty
IntérpretesLuís Tosar
Gael García Bernal
Juan Carlos Aduviri
Karra Elejalde
Raúl Arévalo
MúsicaAlberto Iglesias
FotografíaAlex Catalán
MontaxeAngel Hernández Zoido
EstudioMorena Films
Alebrije Cine y Video
Mandarin Cinema
DistribuidoraVitagraph Films
EstreaFestival de Toronto: 16 de setembro de 2010
Duración104 minutos
OrixeEspaña España
México
Francia
XéneroDrama
Orzamento5  millóns de euros
Recadación5,8 millóns de dólares[1]
Na rede
https://www.hautetcourt.com/
IMDB: tt1422032 Filmaffinity: 240485 Allocine: 177999 Rottentomatoes: m/even_the_rain Mojo: eventherain Allmovie: v526438 TCM: 780003 Metacritic: movie/even-the-rain-tambien-la-lluvia TV.com: movies/even-the-rain Netlix: 70154110 Editar o valor en Wikidata

También la lluvia é un filme dirixido por Icíar Bollaín que se estreou no 2010. É a quinta longametraxe de Bollaín e a primeira que non escribe ela, e parte dun guión de Paul Laverty, guionista habitual do británico Ken Loach, ademais de compañeiro e pai dos tres fillos da cineasta madrileña. O argumento versa sobre un director mexicano, Sebastián (Gael García Bernal), e o seu produtor executivo Costa (Luís Tosar), que viaxan a Bolivia para rodar un filme sobre a conquista de Cristovo Colón. Sebastián e Costa enfróntanse a unha crise de moral dende que eles e o seu equipo chegan a Cochabamba, Bolivia, xa que daquela estábanse producindo as Protestas de Cochabamba de 2000 e o seu actor nativo estrela, Daniel (Juan Carlos Aduviri) é o líder dos manifestantes.

O filme recibiu galardóns e nomeamentos internacionais, incluíndo un Premio Ariel para o mellor filme iberoamericano e tres Premios Goya, sendo un dos cales o de mellor banda sonora para Alberto Iglesias. Ademais, o filme foi considerado como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.

O filme está inspirado na Guerra da Auga que ocorreu en Cochabamba, Bolivia, en abril do 2000. Sebastián (Gael García Bernal) e Costa (Luís Tosar) son dous cineastas que se propuxeron facer un filme sobre Cristovo Colón e o Descubrimento de América. Namentres que Sebastián, o director, pretende desmitificar a figura de Colón, presentándoo como un home ambicioso e sen escrúpulos; a Costa, o produtor, só lle preocupa axustarse ó modesto presuposto do que dispoñen, razón pola cal elixe Bolivia, por ser un dos países máis baratos e con maior poboación indíxena de Hispanoamérica. A gravación sitúase en Cochabamba, onde a privatización e venda da auga a unha multinacional sementa entre a poboación un malestar tan grande que fará estalar a tristemente famosa Guerra Boliviana da Auga (abril do ano 2000). Cincocentos anos despois do descubrimento de América, paus e pedras enfróntanse de novo ó aceiro e á pólvora dun exército moderno. Pero esta vez non se loita polo ouro, senón polo máis imprescindible dos elementos: a auga.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

Rodada en Bolivia, na selva do Chapare e na cidade de Cochabamba, o filme é unha gran produción que contou con 4.000 extras en total, deles preto de 300 indíxenas, un equipo de 130 persoas e máis de 70 localizacións.

  1. IMDb (ed.). "Even The Rain". Box Office Mojo. Consultado o 22 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]